domingo, 19 de agosto de 2012

Presentación del PROYECTO PAPAVENTOS13N

 
PRESENTACIÓN DO PROXECTO PAPAVENTOS13N

O meu nome é Martí Monjo, a miña procedencia é dun pobo do interior de Mallorca, pero teño moitos vínculos con Galiza, entre outros, os estudos de doutoramento que realicei na facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Estou a preparar coa axuda de máis xente de Galiza, unha acción do tipo "happening", nun once praias da Costa da Morte, onde se pretenden voar 80 papaventos de tracción de cor negra (de 6 a 8 papaventos por praia como mínimo) de 1,20m2.

A idea é conmemorar o traballo do voluntariado que traballou na limpeza do chapapote vertido polo Prestige. Os papaventos pretenden ser a ferramenta que simboliza dalgunha maneira a loita do home con /contra o tempo (o vento,as mareas, as ondas, etc). E a idea de marcar este espazo, o límite da costa, serve tamén como referencia á gran cadea humana que se realizou hai 10 anos.

A acción se o tempo acompaña realizarase o sábado 17 de novembro.

Necesitaranse máis de 80 voluntarios, os cales tento atopar a través das redes sociais (facebook, twiter) ou do blog;  papaventos13n.blogspot.com.
Agora estou a traballar en atopar empresas, institucións, organizacións, particulares, etc que poidan colaborar economicamente, xa que a gran cantidade de material que se necesita para a acción ten un custo aproximado duns 4000 euros (100m de tea para o papaventos, 2400m de corda para as liñas, coser papaventos, patrón do deseño, tubos de PVC para as barras de control, os chubasqueros brancos e o material para rotular o logotipo da acción e un slogan no chubasquero, etc).

Dalgunha maneira este proxecto necesita algún tipo de subvención para levar a cabo, sen ter en conta outro tipo de custos que polo momento e dada a situación económica que estamos a vivir pode carrexar a acción realizada (desprazamentos, manutención, horas dedicadas de traballo) así que ademais do que poidan realizar os voluntarios de maneira gratuíta estaría encantado se algunha institución pública ou privada interesáselle participar de maneira económica nesta acción, tendo en conta que, ao ser gravado e recolleito en documento ademais de aparecer o logotipo das empresas patrocinadoras nos carteis sempre sería unha publicidade para aqueles que quixesen participar.

Se queren colaborar pódense pór en contacto comigo a través do blog ou o correo electrónico; papaventos13n@gmail.com, para posteriores aclaracións dispoño dun orzamento para unha consulta máis detallada do mesmo.

Graças. 

Martí Monjo.


sábado, 18 de agosto de 2012

Se gústache e podes, contribúe para manter o proxecto e esta web en marcha. Grazas.

O proxecto PAPAVENTOS13N / ACCIÓN PAPAVENTOS NA COSTA GALEGA existe grazas aos voluntarios que participan, da colaboración de xente que de forma desinteresada axudaron a coser algúns papaventos e da difusión do proxecto. Pero o custo de todo o material usado para a confección dos papaventos, costureras, viaxes a Galiza, gasolina, mantemento do blog, etc necesita da colaboración da xente . Se gústache e podes, contribúe para manter o proxecto e esta web en marcha. Grazas.